Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela
24 e 25 de Outubro
Inscrición gratuíta
Os días 24 e 25 de outubro de 2025 celebraremos no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o Congreso “Construíndo o futuro da educación: un dereito para todos e todas”, organizado pola Federación Down Galicia.
Equipos de profesionais docentes, de orientación e persoas das directivas dos centros educativos de infantil, primaria, secundaria e formación profesional de Galicia, públicos e privados concertados. Tamén para outros profesionais do ámbito educativo, estudantes, familias e, en definitiva, para toda persoa comprometida con unha educación de calidade.
Durante estes dous días daranse cita na capital galega profesionais de renome do ámbito da educación a nivel nacional como Gerardo Echeita, Coral Elizondo e Antonio Márquez, para expoñer os seus coñecementos e a súa visión do panorama educativo actual. E tamén teremos a oportunidade de coñecer experiencias e boas prácticas da man de centros educativos, profesorado, alumnado e familiares, que abordarán diversos aspectos da educación en Galicia
Porque formarte en educación inclusiva non só amplía as túas competencias profesionais: transforma a túa mirada, a túa práctica e a túa capacidade de xerar impacto na túa contorna.
Para máis información, contacta coa Federación Down Galicia:
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/o acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.