Congreso

Congreso Down Galicia

Presentación

Os días 24 e 25 de outubro de 2025 celebraremos no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o Congreso “Construíndo o futuro da educación: un dereito para todos e todas”, organizado pola Federación Down Galicia.

Durante estes dous días daranse cita na capital galega profesionais de renome do ámbito da educación a nivel nacional como Gerardo Echeita, Coral Elizondo e Antonio Márquez, para expoñer os seus coñecementos e a súa visión do panorama educativo actual. E tamén teremos a oportunidade de coñecer experiencias e boas prácticas da man de centros educativos, profesorado, alumnado e familiares, que abordarán diversos aspectos da educación en Galicia.

Así mesmo, contaremos coa visión de diferentes personalidades do máis alto nivel, como son Nuria Aparicio, activista e xurista membro da asociación Solcom, e Juan Rodríguez Zapatero, avogado experto en educación inclusiva.

Nun momento no que os retos sociais e educativos se fan cada vez máis visibles, é urxente reflexionar, compartir experiencias e construír estratexias comúns que garantan unha educación de calidade para todo o alumnado. Por iso nace este congreso, como un espazo de encontro, diálogo e formación arredor da realidade da educación en Galicia e dos desafíos que supón acadar unha inclusión educativa real.

A quen vai dirixido este Congreso?

O Congreso está destinado, fundamentalmente, a todo o equipo de profesionais docentes, de orientación e persoas das directivas dos centros educativos de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pero tamén para outros profesionais do ámbito educativo, estudantes, familias e, en definitiva, para toda persoa comprometida con unha educación de calidade para todos e todas, xa que este evento será un punto de inflexión para repensar o papel que xogamos cada un de nós na construción de contornas educativas nas que todo o alumnado poida aprender, participar e desenvolverse plenamente.

Congreso Down Galicia

Información de inscrición

O aforo é limitado e as inscricións atenderanse por rigorosa orde de rexistro

O prazo para inscribirse remata o luns 6 de outubro

A inscrición é gratuíta e dá dereito a participar nas xornadas do 24 e 25 de outubro

Recibirás un email coa confirmación da túa praza ao remate do prazo de inscrición

Xornada homologada pola Consellería de Educación

Esta xornada está homologada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (ORDE do 14 de maio de 2013).

Existe un número limitado de prazas homologadas, que se outorgarán en base aos seguintes criterios establecidos:

Desde a Federación Down Galicia animámoste a participar neste congreso único!

Porque formarte en educación inclusiva non só amplía as túas competencias profesionais: transforma a túa mirada, a túa práctica e a túa capacidade de xerar impacto na túa contorna. Este congreso ofréceche a oportunidade de coñecer o estado actual da educación inclusiva en Galicia, de escoitar voces expertas e protagonistas do cambio e de formar parte activa dunha comunidade que aposta por unha escola máis xusta, equitativa e participativa.

Agardámoste para avanzar cara a unha educación sen barreiras.

Para máis información, contacta coa Federación Down Galicia