O Congreso celebrarase na Sala Obradoiro do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n, San Lázaro – Santiago de Compostela).
Para chegar ata alí, tes as seguintes opcións:
Nas inmediacións do Palacio de Congresos hai un aparcadoiro público e gratuíto.
Se chegas en autobús ou tren a Santiago de Compostela, tes as seguintes opcións para ir ao Palacio de Congresos.
Autobús urbano: Na estación intermodal podes coller as liñas 6 ou 6A do autobús urbano. Estas liñas teñen paradas moi próximas ao Palacio de Congresos (San Lázaro – Palacio de Congresos)
Taxi: A estación intermodal conta con varias paradas de taxi:
Teléfono Radio Taxi Compostela (981 569 292)
Na zona próxima ao Palacio de Congresos hai varios establecementos que ofrecen servizos de restauración.
O Hotel OCA Puerta del Camino (a 100 metros do Palacio de Congresos) ofrece un menú tipo buffet por 20€ por persoa (bebidas incluídas) para o que é necesaria unha reserva previa. Esta reserva pode facerse por teléfono, chamando ao número 981 569 400, ou enviando un correo electrónico ao enderezo eventos.puertadelcamino@ocahotels.es. Poderase reservar ata o día anterior e o aforo completarase por orde de reserva.
Os hoteis máis próximos ao Palacio de Congresos son:
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/o acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou as identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a certas características e funcións.